jueves, 27 de julio de 2017
Centro Xuvenil Ateibo - Lugo
por Gaspar
Identidade e programas do centro xuvenil ateibo no 2008
Fotos
O CENTRO XUVENIL ATEIBO é unha asociación xuvenil, constituída en 1979, que leva traballando en Lugo desde 1990 no eido do tempo libre con nenos e nenas, adolescentes, e mozos e mozas cun mesmo proxecto no marco da Proposta Educativa dos Centros Xuvenís Salesianos.
É unha entidade formada por voluntarios/as e dedicada á educación no tempo libre e á animación sociocultural, facendo que todas as actividades que realiza sexan lugar de encontro, diversión, xogo, amizade... e cunha opción pola educación da persoa nos valores humanos e cristiáns.
Contamos cunha serie de locais polivalentes cedidos pola Obra Salesiana de Lugo: sala de acollida, ludoteca e tebeoteca, biblioteca infantil e xuvenil, sala de exposicións, ciber, sala de xogos, patios e canchas polideportivas, etc. Os nosos locais están abertos de luns a venres á tardiña e o sábado todo o día.
Estamos integrados na Federación de Centros Xuvenís “Don Bosco” de Galicia e traballamos en rede con outras entidades xuvenís locais.
Na actualidade contamos máis de 150 usuarios/as que participan das nosas actividades e programas, sobre todo, a través dos grupos do Itinerario de Educación na Fe (Andaina, ADS e Catecumenado) e tamén noutras actividades puntuais como: Sala Moza (aberta os xoves e venres pola tarde), Programa Espabila (mércores pola tarde), Sala Ciber, Club de Lectura, excursións, acampadas, etc.
As actividades están desenvolvidas por un grupo de voluntarios/as animadores xuvenís de 25 mozos/as entre 16- 30 anos.
Datos de Contacto: ASOCIACIÓN XUVENIL ATEIBO - Pza. Milagrosa, 10 - 27003 Lugo

Dosatic S.L. © 2017
Site desarrollado por DYNAMO 3.0