sábado, 16 de diciembre de 2017
Escola de Tempo Libre Don Bosco - Santiago de C.
Presentación de la Escuela

A Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco é unha entidade sen ánimo de lucro e a súa finalidade é tanto a formación de diferentes axentes como a intervención nos eidos do tempo libre, e da Animación Sociocultural respondendo ás necesidades do noso país. Como tal está inscrita no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Dirección Xeral de Xuventude da Conselle­ría de Familia, Muller e Xuventude segundo a orde de recoñecemento do 1 de Xuño de 1986.

A tal fin organizase en dúas grandes areas:

1.  Área formativa, que desenvolve as seguintes accións
·        Cursos de Monitores, Especialistas e Directores de Actividades de Tempo Libre, títulos recoñecidos oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude dependente da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
·        Cursiños de fin de semana de reciclaxe e especialización dos diversos axentes que traballan na nosa comunidade nos eidos anteriormente citados.
·        Foros e xornadas de encontro e intercambio de ideas entre axentes dedicados á educación no lecer.
·        Diversas actividades de promoción do asociacionismo como xornadas, coloquios...
·        Colaboracións con distintos organismo para a realización de actividades.

En cada curso escolar pasan polas diferentes actividades formativas da Escola unha media de 280 alumnos en toda Galicia.

2.  Área de información e asesoramento
·        A PUNTO, oficina de información e asesoramento ó voluntariado
·        Servicio local de información e proxectos do programa europeo Xuventude en Santiago de Compostela
·        Biblioteca de tempo libre, animación sociocultural e intervención social

     A escola pertence así mesmo a federación de escolas de educadores no tempo libre Didania, unha entidade que agrupa a máis de 30 escolas cristiáns de tempo libre de todo o territorio español.

2.- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Escuela de Tiempo Libre "Don Bosco"

Director: Francisco Rodríguez Míguez
Escuela de Tiempo Libre "Don Bosco"
C/ Belvís, 2
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA
E-mail: donboscosc@planalfa.es
Web: www.cxdonbosco.org

Dosatic S.L. © 2017
Site desarrollado por DYNAMO 3.0